Adra Pallón

Fotografías dun verán calquera

Adra Pallón

Fotógrafo de Lugo con importante proxección internacional.

Seleccionado nos «Screenings» do Festival Internacional Visa Pour L´image de Perpignan ou finalista no Andrei Stenin International Press Photo, son os seus derradeiros logros.

Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.

Qué mira o fotógrafo Adra Pallón cando non mira as inxustizas? Qué lle chama a atención cando «desconecta» do seu principal motivo para facer fotos? Logra «desconectar»? Mira distinto? ou… segue a falar(nos) do mesmo? Fotografías dun verán calquera do Adra, o home que nunca mira para outro lado: